Unionistas e Pontevedra enfróntanse co gol como materia pendente

| | ,

O Pontevedra Club de Fútbol realiza a súa primeira visita en Primeira RFEF no 2023, e faio viaxando á cidade de Salamanca para enfrenarse ao Unionistas de Salamanca, un equipo dos que se chaman no ambiente futbolístico “do pobo” e que necesita os puntos tanto como os granates ao estar tamén na parte baixa da táboa.

O Pontevedra Club de Fútbol e o Unionistas teñen algo en común: son os dous equipos menos goleadores do Grupo I de Primeira RFEF. Con 14 goles no seu haber, tanto os granates como os salmantinos, son os que menos dianas marcaron no seu grupo e de non ser por Calahorra e o filial do Athletic, serían os equipos menos goleadores de toda a Primeira RFEF. Certo é que o Unionistas ten agora mesmo un partido menos pola suspensión do seu partido #ante o Linares polas fortes choivas, pero aínda así o equipo do equipo de Salamanca non se caracteriza por ser a súa efectividade na porta rival.

Máis baixas no Pontevedra

O Unionistas recibirá ao Pontevedra CF cunha única baixa pero sensible: o seu porteiro Da Cruz pérdese o partido ao ser expulsado na xornada anterior contra o Deportivo. En canto aos de Antonio, Rufo non poderá viaxar a Salamanca por acumulación de amarelas e Guèye non estará debido a que segue desaparecido. Segundo contou o adestrador granate na rolda de prensa previa, unicamente Bastos será baixa por lesión, polo que Rubio e Borja volverán estar dispoñibles para Antonio para xogar. Segundo puidemos saber, Araújo podería estar a atravesar un proceso febril, polo que ata última hora tamén é dúbida para viaxar a Salamanca

Un estadio a rebentar

Os granates van atopar un estadio para rebentar. O Unionistas, ao contrario que outros equipos como o Pontevedra CF, decidiu poñer toda a carne no asador en forma de promocións e permitiu a socios e colaboradores conseguir entradas máis baratas e gratuítas segundo o nivel do abono.

Segundo as últimas noticias, xa se venderon máis de 1.500 entradas para o Estadio Reina Sofía, polo que haberá unha afluencia importante contra a que os granates terán que batallar.

O partido entre Unionistas e Pontevedra CF celebrarase o sábado 14 de xaneiro a partir das 19:00 horas, será dirixido polo colexiado Pardeiro Puente do colexio cántabro.. Poderase seguir a través da plataforma de pago por visión InSports TV.

Anterior

Antonio: “El equipo me da confianza”

La Ruina

Seguinte

Deixa un comentario