Os peores presaxios cumpríronse. Se hai uns días falabamos de que a lesión de Manuel Romay podía durar ata 6 semanas, a exploración médica definitiva deu un peor resultado: rotura do ligamento cruzado. Por tanto, o mediocentro granate di adeus á tempada, xa que a media de tempo de recuperación para este tipo de lesión oscila entre os 6 e os 8 meses.
Segundo informou o medio PontevedraViva, aínda queda ter o informe completo da lesión (podería ter afectado tamén o menisco), pero o seguro é que o xogador terá que pasar por quirófano máis temperán que tarde, polo que non se vestirá granate presumiblemente ata a próxima tempada.
Segundo declaracións ao medio local, Romay comentou que «xa o tiña un pouco asumido» desde o pasado mércores, momento no que se lesionou el só no adestramento nunha carreira. O xogador de Malpica tamén declarou a PontevedraViva ante este contratempo: «Cólloo con forza» e que «Toca recuperarme e animar desde fóra».
Desde PontevedraCF.Net tan só queremos desexarlle unha pronta recuperación a Romay e darlle todos os ánimos posibles.
4 comentarios en «Romay rompe o cruzado e di adeus á tempada»