Esta semana toca un domingo diferente. Non teremos partido pola tarde, senón que tocará optar polo café mañanero para gozar, a distancia, do partido ante o Coruxo FC que se celebrará este domingo 13 de decembro ás 12:00 horas no Campo Municipal de O Vao.
Os dous equipos chegan coa mesma necesidade, gañar, pero con situacións diferentes. Por unha banda, o equipo local vén dunha dolorosa derrota por 4-0 #ante o Ferrol e coa friorenta estatística de só ter 4 puntos conseguidos mediante unha vitoria ante o Guijuelo (2-1) e un empate a 0 ante a SD Compostela. Os vigueses están penúltimos na clasificación e recibirán aos granates sen baixas esperando comezar a senda da vitoria que os aúpe a, polo menos, os postos medios da táboa e así espantar a pantasma do descenso canto antes.
Os de Jesús Ramos tamén teñen a necesidade de gañar, pero nesta ocasión para non descolgarse da parte alta da táboa. A pesar de non perder un partido en toda a tempada, o Pontevedra CF necesita conseguir 3 puntos despois de empatar os dous últimos partidos. E é que todo está moi apertado no primeiras seis posiciones, con Ferrol, Zamora e Compostela ameazando as posicións de ascenso aos tres primeiros: Deportivo, Unionistas e o propio Pontevedra, todo nun abanico que diferencia ao primeiro do último «virtual» en cinco puntos. Os granates visitarán O Vao con todos os efectivos menos o lesionado Romay e Charles, que cumprirá o seu primeiro partido de sanción despois da expulsión ante o RC Deportivo.
Este último partido da tempada, que non do ano debido á eliminatoria da Copa do Rey #ante o Cartaxena, pódese considerar como unha partido trampa. Debido ao seu xogo esta tempada, o Coruxo pódese considerar un equipo inferior ao Pontevedra, pero levan anos realizando boas campañas a base de bo xogo e intencións e só é cuestión de tempo que lle comecen a saír as cousas. Esperemos que o fagan canto antes pero que sexa despois do partido deste domingo.