fbpx

La Señora Lola xa vixila Pasarón

| |

Mirando á dereita con orgullo ao campo, así é como finalmente La Señora Lola quedou retratada polo artista Yoseba Muruzábal, obra que estivo realizandodurante as últimas dúas semanas. Asemade do seu retrato de primer plano mirando cara a Pasarón, o mural inclúe tamén á Señola Lola na posición dunha das súas fotos máis míticas: celebrando o ascenso e retratada polo fotógrafo do Miguel Vidal do Diario de Pontevedra.

O artista decidiu coller a fotografía de Vidal e cambiala lixeiramente, poñéndolle na man á Señora Lola unha bengala de cor granate. Naquel momento as bengalas non se levaban no mundo do fútbol, pero estamos seguros que de existir, a Señora Lola a usaría para celebrar o ascenso que celebrou naquel momento.

A inauguración, o venres

O promotor deste mural, o Concello de Pontevedra, levará a cabo este venres 23 de outubro unha pequena inauguración, onde se espera que estén representantes do propio Concello, o artista Yoseba Muruzábal, representación do Pontevedra e tamén familiares da Señora Lola, que colaboraron en todo momento co artista para plasmar un símbolo tan importante co clube granate.

Anterior

Un Pontevedra con maior rodaxe gaña ao Racing de Ferrol (2-3)

La Señora Lola ya vigila Pasarón

Seguinte

Deja un comentario