Sen Romay, Rufo e Iñaki para o Arosa

| |

Xornada 13 e aos granates tócalles este domingo recibir ao Arosa nun derbi de categoría. Na habitual rolda de prensa previa á xornada, o adestrador Anxo Rodríguez comentou como están os xogadores #ante este novo partido e como ve ao visitante, un Arousa motivado que espera sacar os máximo puntos de Pasarón. Convocados para o derbi non imos ver a Rufo, Iñaki nin a Romay. O dianteiro segue recuperándose da súa lesión de nocello e Iñaki e Romay teñen problemas musculares que non lles permiten estar dispoñibles para o partido.

Preguntado por se se esperaba un ambiente de derbi, o adestrador contestou: “Todos sabemos que es un derbi. Y la intensidad con la que se juega es distinta y tenemos que afrontarlos como tal. Queremos que la afición esté de nuestro lado y nos sintamos en casa como nunca, tenemos que dar la versión que estamos dando fuera de casa en casa”

Un dos problemas que está a ter o Pontevedra CF nas últimas xornadas é a súa falta de puntos en casa. Anxo ten explicación para esta situación: “Fuera de casa los equipos intentan ser más atrevidos y ante equipos que tienen una propuesta así resulta más fácil tener la propuesta que queremos. (…) Estamos encontrando equipos que se quedan atrás, reducen espacios en el último tercio y ahí o tienes jugadores que marcan diferencias o el partido se va alargando y el rival se crece”

O adestrador granate non espera que o Arousa sexa un deses equipos que se botan atrás, pero segundo as súas propias palabras, “tampouco o esperaba do Navalcarnero”. E é que para el, o problema pode vir do exceso de posesión que ten o equipo en casa: “En casa somos un equipo que tenemos mucho el balón y el rival acaba echándose atrás. Según pasando los minutos el contrario se va creciendo en su idea. Si en el minuto 1 abrimos la lata, el partido cambia”

Anterior

Sin Romay, Rufo e Iñaki para el Arosa

Rufo podría no jugar hasta la segunda vuelta

Seguinte

Leave a Comment