As alarmas saltaron entre os afeccionados granates despois da rolda de prensa de Ángel Rodríguez previa do partido contra o Arosa SC. E é que o adestrador granate ha insinuado que Rufo podería non xogar ata a segunda volta debido á recuperación da súa lesión de nocello
Preguntado polo estado de Rufo en rolda de prensa, no adestrador granate comentou que «está cada día mejor, está muy animado, haciendo muchas cosas y está con muchas ganas. Vamos a ver como evoluciona y lo que le dice el médico y sobre todo las sensaciones que él tenga. Porque al final su lesión como decía yo al inicio de este proceso, es mejor parar una semana o dos de más y no arrastrar esa lesión todo el año y por lo menos tener un jugador al cien por cien en la segunda vuelta«.
É dabondo coñecida a dinámica de Anxo Rodríguez de facer poucos cambios se o equipo funciona como debe, polo que non sería estraño que Rufo recibise a alta médica e, se o equipo segue sumando de tres en tres, non entre nos plans do adestrador nun primeiro momento.
Rufo lesionouse o pasado 24 de outubro no partido contra a Gimnástica Segoviana. Inicialmente diagnosticóuselle unha escordadura de nocello de grao II/III, o que implicaría unha recuperación de entre 3 e 5 semanas polo que, médicamente falando, a comezos de decembro aínda estaría a finalizar o seu período de recuperación. Esperemos que estes tempos síganse acurtando e podamos ver ao dianteiro canto antes.