O xuvenil perde o partido contra o Pabellón Ourense por aliñación indebida

| |

Malas noticas para o equipo xuvenil de División de Honra do Pontevedra CF. Se xa os resultados non estaban a ser todo o bos que se querería, engádese unha máis: o Xuíz de Competición fallou en contra do equipo granate e sancionoulle por aliñación indebida no partido contra o Pavillón Ourense. O motivo deste incumprimento da norma por parte do equipo que dirixe Roberto Feáns foi por ter no campo menos xogadores con licenza A de os permitidos, concretamente uno menos dos obrigatorios.

O Pontevedra CF alegaría que este incumprimento produciuse por “causas de forza maior”, máis concretamente porque “non foi posible actuar doutra maneira polas circunstancias sobrevindas, que aínda contempladas na norma, entende non afectaron o desenvolvemento do xogo”. Pero o Xuíz de Competición non considerou estas alegacións dado que o equipo xuvenil só ten inscritos a 18 xogadores dos 22 posibles, polo que, segundo entende o Xuíz, de ter rexistrados como xogadores do primeiro equipo a todos os dispoñibles fose posible ter polo menos 7 xogadores con licenza A no terreo de xogo.

Debido a este incumprimento, o Pontevedra leva unha multa de 300 euros e a perda do partido por 0-3, anulando o empate a cero que conseguiran os de Roberto Feáns, deixándoo agora mesmo a 4 puntos da salvación. A decisión pode ser recorrida ao Comité de Apelación, pero descoñécese se a entidade vai realizar ou non o recurso.

Anterior

El juvenil pierde el partido ante el Pabellón Ourense por alineación indebida

Sin Romay, Rufo e Iñaki para el Arosa

Seguinte

Leave a Comment