fbpx

Charles, Yelko e Romay escollidos como os mellores ante o Adarve

| |

Nas derrotas tamén hai sempre algo que destacar. Por iso facemos cada xornada a votación do Trofeo O GRANATE 21/22 aínda que se perda. Nesta ocasión a votación era en referencia ao partido contra o Unión Adarve que se perdeu por 2-1 en Madrid.

Entre os máis de 350 votos realizados polos siareiros e siareiras granates, os escollidos como os mellores e que levarán os puntos para a clasificación son Charles, Yelko Pino e Romay, que se lle levan cada un 3, 2 e 1 punto respectivamente.

En canto á votación de Fondo Norte Podcast, os membros do programa escolleron a Brais Abelenda, Yelko Pino e Pablo Cacharrón, destacando desta maneira varias liñas do equipo granate. Así, Brais leva 3 puntos, Yelko 2 e Cacharrón 1 punto.

Sumando os puntos desta nova xornada, as clasificacións quedan desta maneira:

Clasificación Afición

PosiciónXogadorPuntuación
1Charles15
2Yelko 14
3Rufo13
4Oier4
5Miguel Román3
5Romay3
7Brais Abelenda2
8Alberto Rubio1
8Álvaro Cortés1
8Javi Rey1
8Pablo Cacharrón1

Clasificación Fondo Norte

PosiciónXogadorPuntuación
1Yelko Pino9
2Rufo7
2Miguel Román7
4Charles6
4Brais Abelenda6
6Seoane8
7Romay5
7Alberto Rubio5
9Javi Rey5
10Alex González2
11Oier1
11Pablo Cacharrón1

Aclaración: debido a un fallo na configuración da enquisa desta xornada, producíronse votos fraudulentos. Revisáronse todas as votacións da enquisa e detectáronse e eliminaron os votos repetidos de cada usuario. O espírito do Trofeo O GRANATE é destacar aos xogadores do Pontevedra CF que os afeccionados crean que o fagan mellor, polo que a existencia de votos masivos repetidos vai en contra do espírito da iniciativa.

Anterior

Charles, Yelko y Romay escogidos como los mejores ante el Adarve

Ángel Rodríguez: «Pasarón debe ser un infierno»

Seguinte

Deja un comentario