Ángel Rodríguez pide máxima concentración ante o UC Ceares

| | , ,

Ángel Rodríguez volveu poñerse diante dos micrófonos dos compañeiros da prensa na clásica intervención previa á celebración da xornada. Nesta ocasión volveu ser o venres e falou do estado do equipo, os xogadores dispoñibles e analizou o equipo que visitará Pasarón este domingo, un UC Ceares moi necesitado de puntos do que, segundo Anxo, non hai que fiarse e hai que gardarlle o máximo respecto.

O equipo técnico granate terá á súa disposición a todos os xogadores salvo Rufo e Oier Calvillo. Rufo segue coa recuperación da súa lesión de nocello e, segundo os comentarios do adestrador, parece que non veremos ao dianteiro madrileño ata a segunda volta. E é que segundo palabras Anxo, a recuperación da súa lesión está a levar máis da conta: “Deberiamos ter avanzado un pouco máis a Rufo pero a día de hoxe non conseguimos avanzar por unhas cousas ou por outras. A ver cando pase en período de descanso podemos contar con el”. Oier segue recuperándose da súa lesión no cuadricep e xa está dispoñible Romay, que adestrou toda a semana co grupo sen problemas.

Enfrontarse ao último clasificado e ao peor visitante da Segunda RFEF pode ser unha arma de dobre fío e Ángel Rodríguez sábeo, non quere que os xogadores se confíen o máis mínimo: “Non conseguimos nada, queremos ser primeiro canto antes e a única maneira de meter presión ao Unión Adarve e é seguir con vitorias e seguir crecendo como equipo. Queda moitísima tempada e moita liga e aquel que se relaxe sabe que comigo está fóra”

Como xoga o UC Ceares? Pois para o míster granate, é un equipo que merece moitos máis puntos dos que ten e que a única maneira de xogarlle é saíndo coa máximo intensidade e o máximo respecto, xa que é o que o rival se merece: “Vai ser un equipo que a súa forma de xogar non a vai a cambiar, que ten boa saída de balón. Xoga con tres centrais e dous carrís que nos van a dar amplitude no campo. E s un equipo que se recolle a medio campo e espérache para poderche roubar”

Ángel tamén foi preguntado pola ausencia de Churre por sanción e segundo as súas palabras teñen claro quen lle vai a substituír no partido do domingo: “Sabemos quen vai xogar nesa posición e sabemos que o vai a facer ben, temos cero preocupación nese sentido”.

O partido correspondente á xornada número 15 celebrarase o domingo 12 de decembro ás 17:00 horas en Pasarón, será arbitrado polo colexiado Alberto González Hernández do colexio castelán-leonés.

Anterior

Ángel Rodríguez pide máxima concentración ante el UC Ceares

Vota por los 3 mejores ante el UC Ceares (3-1)

Seguinte

Leave a Comment