Unha das preguntas máis repetidas por todos os afeccionados da Segunda B é, sen dúbida, cando se iniciará a competición na nova tempada. O estado da pandemia deixa todo no aire e ata o de agora a RFEF non se había pronunciando. E dicimos ata o de agora porque hoxe mesmo os equipos recibiron un correo por parte da propia Federación dicindo que a tempada de Segunda B podería iniciarse a última semana de setembro.
O correo, recibido hoxe xoves 23 de xullo, comentaría que a semana que ven levará aos órganos federativos a proposta de que a Tempada 2020-21 comece a fin de semana do 26 e 27 de setembro.
A Tempada 2020-21 será un antes e despois na historia da Segunda B española, porque como se anunciou o mes pasado, será a tempada de transición para a creación dunha nova división, chamada popularmente Segunda B Prol e da que aínda non se sabe nada.
Se se confirma a data de inicio da tempada, é tamén posible que se formalice a estrutura que terá a Segunda B, xa que segundo comentaron varios presidentes de federacións rexionais, existe a posibilidade de que, debido á situación actual, non sexa unha tempada completa á que estamos afeitos.