Rivera despídese e ficha polo Coruxo FC

| |

Era un secreto a voces que Jose Rivera non ía continuar no Pontevedra Cf. Despois da prohibición por parte do club de marcharse no mercado de inverno ao Arousa esixíndolle renovar, estaba claro que o canteirán ía dicir adeus á disciplina granate ao terminar o seu contrato o 30 de xuño. E así foi, no día de onte Jose Rivera despedíase do Pontevedra Club de Fútbole da súa afección e, case ao momento, anunciaba el mesmo e o propio clube< strong> a súa fichaxe polo Coruxo FC.

O xogador sub23 pasa desta maneira para formar parte agora do que será , probablemente, un rival para a Tempada 2020-2021 no ascenso a Segunda B ou a clasificación para a futura Segunda B Pro. O dianteiro levaba formando parte do primeiro equipo desde hai 2 tempadas, nas cales non tivo demasiadas oportunidades debido á competencia e a adestradores que nunca confiaron nel. Rivera xogou nestes dous últimos anos só 7 partidos, sendo un total de 98 minutos no terreo de xogo e conseguindo 2 dianas fronte o Guijuelo na tempada 18-19 e fronte o Celta B esta tempada.

Por parte da entidade granate, o silencio segue sendo a norma #ante este tipo de noticias. Se xa non dixeran nada pola marcha de xogadores como Jaouad Erraji ou Brian Jaén, non se esperaba ningunha reacción ante a marcha dun xogador que lle plantou cara á directiva en decembro, cando lle obrigaban a renovar para poder marcharse e ter as oportunidades que en Pasarón non se lle daban.

Anterior

Kevin Presa afástase do Pontevedra CF

A Segunda B podería comezar a finais de setembro

Seguinnte

Deixa un comentario