A RFEF dá a razón ao Pontevedra e o Xuvenil ascende a División de Honra

| |

Que este ano foi unha situación moi estraña para todos os equipos de fútbol todos témolo claro, pero o que pasou o equipo Xuvenil do Pontevedra Club de Fútbol foi outro nivel. O pasado domingo os granates gañaban ao Alondras CF por 4-0 e, a pesar de quedar primeiros da súa liga, descoñecían se ascenderan a División de Honra. A razón? Unha contradición entre a normativa oficial da RFEF e interpretacións dos diferentes artigos da normativa.

Tal foi a confusión que mesmo o Coruxo FC, a través da súa conta de Twitter, celebrara o ascenso. Pero nada máis lonxe da realidade. Tal e como defendía o Pontevedra Club de Fútbol, hoxe o Xuíz Único de Competición ha resolvido a disputa entre os dous equipos dando o ascenso ao equipo Xuvenil do Pontevedra Club de Fútbol.

Unha lea de contradicións

E é que o Coruxo FC defendía que, ao estar os dous equipos empatados a puntos, o enfrontamento directo entre os dous equipos debían contar, polo que a balanza caía cara a eles. Con todo, os granates argumentaban que ao ser a segunda fase a unha soa volta, debía contar o gol average xeral xa que os equipos, debido a xogar diferente número de partidos en casa e fóra, non estaban nas mesmas condicións.

E isto mesmo, a diferenza de goles, é o que argumentou o Xuíz Único de Competición para fallar a favor do Pontevedra Club de Fútbol. Segundo as súas propias palabras, “En consecuencia, o empate existente entre os citados clubs debe resolverse a favor do Pontevedra C. F. pola maior diferenza de goles tendo en contta todos os encontros do campionato”

Desta maneira, o equipo Xuvenil do Pontevedra Club de Fútbol ascende a División de Honra. O equipo vigués, de estar en desacordo, tería que elevar a súa queixa a outros estamentos xa que esta decisión esgota a vía federativa tal e como comenta o Xuíz Único no seu fallo.

Foto | @PontevedraCFSAD

Anterior

La RFEF da la razón al Pontevedra y el Juvenil asciende a División de Honor

Churre renova co Pontevedra CF

Seguinte

Leave a Comment