Todos sabían que era cuestión de tempo e así foi: Churre renovou o seu contrato co Pontevedra Club de Fútbol. Lupe Murillo, presidenta do Consello de Administración do Pontevedra Club de Fútbol SAD, confirmouno na rolda de prensa organizada o pasado venres para a presentación do PonteCampus 2021.
Segundo as propias verbas de Murilllo, a renovación co central marinense «está prácticamente hecha», e é que «Churre se quería quedar, ya lo dijo, pero como sabéis hay que valorar las opciones, las posibilidades y la situación». Desta maneira, confírmase que un dos piares da defensa granate como é Victor Vázquez será, polo menos, granate unha tempada máis.
Do que non se sabe nada aínda é do futuro ocupante do banco granate. Ao ser preguntada por este asunto, a presidenta comentou que nos próximos días teriamos unha resposta. Os candidatos aínda están no aire, e é que a pesar de que a semana. pasada gañaba enteiros a permanencia de Luisito, nos últimos días parece que esta opción perdeu enteiros, polo que podería acabar no banco granate un nome que aínda non saltou á palestra dos rumores.