Días antes da presentación do novo equipamento, desde as oficinas de Pasarón comentábase que a as novas camisetas que levaría o equipo «ían sorprender», sobre todo a de porteiros que non ía deixar a ninguén indiferente. Dabondo é sabido que Hummel innova pouco entre as camisolas dos diferentes equipos aos que viches, polo que despois dese comentario sobre a non indiferenza, non era difícil saber que a camiseta á que se referían no club era a de homenaxe ao porteiro Schmeichel, a cal xa se puido ver nas presentacións de equipos como a UD Las Palmas e ou o CD Tenerife e no primeiro encontro de temporada ante o CD Estradense.
Pero, de onde vén esta camiseta tan colorida que van vestir Álvaro Cortés e Pablo Cacharrón? Como xa indicamos, é unha homenaxe da marca danesa ao porteiro Peter Schmeichel, que vestiu unha camiseta cunha combinación de cores moi similar na Euro de 1992 representando ao seu país, Dinamarca. A camiseta é tan icónica non só polas cores que leva, senón porque con Schemichel vestindo esa camiseta Dinamarca gañou a súa primeira e única Eurocopa, batendo a Alemaña por un 2-0.
En 1992 as camisetas con deseños e cores imposibles estaban á orde do día, pero afástanse bastante do estilo que se busca nos equipamentos actuais, onde se busca a sinxeleza e unha imaxe única que destaque entre o resto. Agora só quédanos afacernos a este novo equipamento e desexar que nos traia a mesma sorte que lle trouxo a Dinamarca en 1992.