As lesións de xogadores son o día a día nun club de fútbol e o Pontevedra CF non é unha excepción. Este ano a enfermería granate ha tido habitantes moi temperáns como Cacharrón que a habitou desde antes de que comezase a tempada, coa resolución da súa operación do menisco interno do xeonllo. Tamén Seoane foi un habitual, xa que o lateral leva desde maio sen abandonala do todo debido ao complicada que é a recuperación da súa lesión.
Esta semana parecía que a enfermería quedaría sen habitantes, pero todo parece indicar que desde as oficinas de Pasarón aínda non as teñen todas consigo con algúns xogadores. Tal e como publica PontevedraViva, Seoane, Araújo e Luís Martínez estarían a ser tratados entre algodóns debido ás súas lesións, presentes e pasadas.
O lateral dereito retirouse no partido contra a Cultural Leonesa por unhas molestias musculares, molestias que parece que non desapareceron ao longo da semana polo que se lle considera dúbida para o partido deste domingo. En canto a Araújo e Luís Martínez, os dous saen de lesión, polo que parece que o equipo técnico quere minimizar riscos e que volvan coas maiores seguridades a vestir a elástica granate. Ata última hora non se saberá se entran na convocatoria.
A estas tres posibles baixas, úneselle a de Gueyè que segue convocado pola súa selección e a de Yelko Piñeiro, que está amoestado por acumulación de amarelas.