Nas derrotas tamén hai sempre algo que destacar. Por iso facemos cada xornada a votación do Trofeo O GRANATE 21/22 aínda que se perda. Nesta ocasión a votación era en referencia ao partido contra o Unión Adarve que se perdeu por 2-1 en Madrid.
Entre os máis de 350 votos realizados polos siareiros e siareiras granates, os escollidos como os mellores e que levarán os puntos para a clasificación son Charles, Yelko Pino e Romay, que se lle levan cada un 3, 2 e 1 punto respectivamente.
En canto á votación de Fondo Norte Podcast, os membros do programa escolleron a Brais Abelenda, Yelko Pino e Pablo Cacharrón, destacando desta maneira varias liñas do equipo granate. Así, Brais leva 3 puntos, Yelko 2 e Cacharrón 1 punto.
Sumando os puntos desta nova xornada, as clasificacións quedan desta maneira:
Clasificación Afición
| Posición | Xogador | Puntuación |
|---|---|---|
| 1 | Charles | 15 |
| 2 | Yelko | 14 |
| 3 | Rufo | 13 |
| 4 | Oier | 4 |
| 5 | Miguel Román | 3 |
| 5 | Romay | 3 |
| 7 | Brais Abelenda | 2 |
| 8 | Alberto Rubio | 1 |
| 8 | Álvaro Cortés | 1 |
| 8 | Javi Rey | 1 |
| 8 | Pablo Cacharrón | 1 |
Clasificación Fondo Norte
| Posición | Xogador | Puntuación |
|---|---|---|
| 1 | Yelko Pino | 9 |
| 2 | Rufo | 7 |
| 2 | Miguel Román | 7 |
| 4 | Charles | 6 |
| 4 | Brais Abelenda | 6 |
| 6 | Seoane | 8 |
| 7 | Romay | 5 |
| 7 | Alberto Rubio | 5 |
| 9 | Javi Rey | 5 |
| 10 | Alex González | 2 |
| 11 | Oier | 1 |
| 11 | Pablo Cacharrón | 1 |
Aclaración: debido a un fallo na configuración da enquisa desta xornada, producíronse votos fraudulentos. Revisáronse todas as votacións da enquisa e detectáronse e eliminaron os votos repetidos de cada usuario. O espírito do Trofeo O GRANATE é destacar aos xogadores do Pontevedra CF que os afeccionados crean que o fagan mellor, polo que a existencia de votos masivos repetidos vai en contra do espírito da iniciativa.