O Pontevedra CF decidiu volver tentar atraer máis xente a Pasarón en base a regalar entradas. Coñecedores do horrible horario do partido #ante o Linares Deportivo, sábado ás 16:00 horas, desde as Oficinas de Pasarón decidiuse volver regalar invitacións aos socios, ademais de darlles a posibilidade de coller entradas a metade de prezo para a mesma bancada á que pertence o seu abono.
Sendo máis específicos, cada socio pode sacar unha invitación gratuíta e unha entrada a metade de prezo para o seu mesma bancada. A invitación pódese retirar en oficinas e na páxina web pero a entrada a metade de prezo debe ser adquirida previamente nas oficinas de Pasarón, en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Ademais, os menores de 16 anos terán a entrada gratis se van ás zonas designadas como Grada Granate (Preferencia Superior S11 e Superior S5) e os nenos/as ata 6 anos poden entrar sen pagar.
As entradas para o público xeral tamén terán rebaixa: 5€ para nenos de 7 a 16 anos que non vaian a Bancada Granate e 10€ para o público senior en todas as bancadas menos en Tribuna, onde a entrada custará 20€.