fbpx

«Todo Al Granate», así é a campaña de abonados do Pontevedra CF 2021/22

| |

Custou que saíse pero por fin temos connosco a campaña de abonados do Pontevedra Club de Fútbol para a Tempada 2021/22. Co lema «Todo al Granate» (#TAG) o club quere conseguir despois dunha tempada de infortunios tanto no deportivo como no social, que a afección de Pontevedra. e arredores volva engancharse ao club e renovar o abono ou facerse socio de novo.

A campaña deste ano vén acompañada dun vídeo de presentación no que se destaca o sentimento granate de diferentes afeccionados do Pontevedra Club de Fútbol. Toda unha homenaxe á afección que tamén se ve reflectida no equipamento deste ano, que ten o lema cantado moitas veces en Pasarón «Pontevedra nunca se rinde».

Prezos abonos Pontevedra CF Temporada 2021/22

En canto aos prezos dos abonos para poder ir a Pasarón, a entidade granate ha decidido baixar lixeiramente os prezos este ano e crear novos tipos de carné para os que están fóra de Pontevedra ou para os que simplemente queren manter o seu número. O carné»Diáspora Granate» permite, por 50€ unitarios, manter o número de socio, recibir o carné por correo postal e ter un 20% de desconto en dous partidos de Pasarón, a condición de que se demostre vivir fóra de Pontevedra.

Outro novo tipo de carné é o «Corazón Granate», que por 85€ en Tribuna, 65€ en Preferencia e 50€ en Fondos permite manter o número de abonado e asento e asistir tamén a dous partidos en Pasarón cun desconto do 20% na entrada, é dicir, é similar ao de «Diáspora Granate» pero para os que vivan en Pontevedra e non queiran ou poidan acudir a Pasarón.

En canto ao resto de prezos, hai lixeiros descontos nas bancadas e mantéñense desta maneira:

Anterior

«Todo Al Granate», así es la campaña de abonados del Pontevedra CF 2021/22

El Pontevedra CF consigue más de 500 abonos en una semana

Seguinte

Relacionado

CD Arenteiro y Puebla FC, dos partidos confirmados para la pretemporada granate

Aunque el Pontevedra CF ha comenzado hoy oficialmente la pretemporada bajo las órdenes de Rubén Domínguez, el club granate únicamente ha comunicado de manera oficial ... Read more

Nico Conesa refuerza el centro del campo del Pontevedra CF

El Pontevedra Club de Fútbol ha hecho oficial a pocas horas del inicio de la pretemporada la incorporación de Nico Conesa, centrocampista murciano de 23 ... Read more

Deja un comentario