Custou que saíse pero por fin temos connosco a campaña de abonados do Pontevedra Club de Fútbol para a Tempada 2021/22. Co lema «Todo al Granate» (#TAG) o club quere conseguir despois dunha tempada de infortunios tanto no deportivo como no social, que a afección de Pontevedra. e arredores volva engancharse ao club e renovar o abono ou facerse socio de novo.
A campaña deste ano vén acompañada dun vídeo de presentación no que se destaca o sentimento granate de diferentes afeccionados do Pontevedra Club de Fútbol. Toda unha homenaxe á afección que tamén se ve reflectida no equipamento deste ano, que ten o lema cantado moitas veces en Pasarón «Pontevedra nunca se rinde».
Prezos abonos Pontevedra CF Temporada 2021/22
En canto aos prezos dos abonos para poder ir a Pasarón, a entidade granate ha decidido baixar lixeiramente os prezos este ano e crear novos tipos de carné para os que están fóra de Pontevedra ou para os que simplemente queren manter o seu número. O carné»Diáspora Granate» permite, por 50€ unitarios, manter o número de socio, recibir o carné por correo postal e ter un 20% de desconto en dous partidos de Pasarón, a condición de que se demostre vivir fóra de Pontevedra.
Outro novo tipo de carné é o «Corazón Granate», que por 85€ en Tribuna, 65€ en Preferencia e 50€ en Fondos permite manter o número de abonado e asento e asistir tamén a dous partidos en Pasarón cun desconto do 20% na entrada, é dicir, é similar ao de «Diáspora Granate» pero para os que vivan en Pontevedra e non queiran ou poidan acudir a Pasarón.
En canto ao resto de prezos, hai lixeiros descontos nas bancadas e mantéñense desta maneira:
