fbpx

Samu Araújo é xa xogador do Pontevedra CF

| |

Xa queda menos para que o persoal do Pontevedra Club de Fútbol se peche. Sorprendendo a todos hoxe o club anunciou a fichaxe de Samu Araújo, lateral esquerdo procedente da CyD Leonesa e que soara moito nos primeiros días de Toni Otero, que se referiu a el (aínda que sen nomealo) como un lateral de calidade polo «que quería esperar».

Samu Araújo foi un das fichaxes galegas máis cobizados desta tempada de fichaxes. E é que despois de non renovar co equipo leonés, o lateral de Vigo fichou polo CE Sabadell. Fichaxe que se truncou sete días despois do seu anuncio debido a que, segundo o club catalán, o xogador non pasou o recoñecemento médico. A falta de aclarar este tema, a aposta de Toni Otero é clara: un lateral de categoría e que suba o nivel da defensa granate.

Samu Araújo ten 25 anos e a súa posición principal é a de lateral esquerdo, aínda que tamén se lle viu xogar de central. Formouse nos filiais do Celta e do FC Barcelona, pasando tamén polo segundo equipo do Atlético de Madrid e acabando na Cultural Leonesa tras un breve paso pola liga polaca. Na tempada pasada, Araújo xogou 17 partidos sendo titular na maioría deles e mesmo marcando un gol #ante a UP Langreo.

O lateral vigués incorporouse este mesmo luns ás ordes de Ángel Rodríguez, polo que hai unha posiblidad de poder velo debutar #ante o Alondras na eliminatoria de Copa Federación.

Anterior

Samu Araújo es ya jugador del Pontevedra CF

«Todo Al Granate», así es la campaña de abonados del Pontevedra CF 2021/22

Seguinte

Relacionado

Víctor Eimil, nuevo refuerzo para el lateral derecho del Pontevedra CF

El Pontevedra Club de Fútbol continúa configurando su plantilla de cara a la temporada 2025/26 y ha anunciado este miércoles la incorporación de Víctor Eimil ... Read more

Mario Gómez y Héctor Hernández, nuevos adioses granates

El Pontevedra Club de Fútbol ha confirmado la marcha de Mario Gómez y Héctor Hernández, dos de los integrantes de su línea defensiva durante la ... Read more

Deja un comentario