fbpx

Rufo, Yelko e Charles seguen copando as primeiras prazas de O GRANATE

| |

Despois de dúas xornadas nas que o Pontevedra Club de Fútbol levo senllas vitorias diante de Llanera e Coruxo, o Trofeo O GRANATE está máis activo que nunca. Rompendo o récord de votacións, os siareiros e as siareiras granates seguen destacando aos xogadores de arriba nas súas eleccións a mellores xogadores dos partidos, mantendo a Rufo, Yelko e Charles nas primeiras posicións.

Ante a UD Llanera, os granates escolleron a Rufo, Miguel Román e Alberto Rubio como os tres mellores. Nembargantes, contra o Coruxo FC Oier, Charles e Yelko Pino foron os tres mellores. Desta maneira, Rufo e Oier levan 3 puntos, Miguel Román e Charles 2 e Alberto Rubio e Yelko Pino engaden un 1 á súa puntuación.

Por parte dos membros de Fondo Norte Podcast, as votacións foron lixeiramente diferentes. Contra a UDLlanera, os do podcast do Pontevedra CF escolleron a Alberto Rubio, Miguel Román e Álex González como os mellores. No derbi pontevedrés en casa, os escollidos foron Seoane, Miguel Román e Javi Rey. Desta maneira, Miguel Román leva 4 puntos, Alberto Rubio e Seoane 3 cada un e Álex e Javi Rey 1 punto máis á súa contaxe persoal.

Como quedan as clasificacións xerais? Todo se apreta un pouco, pero seguen arriba Rufo, Yelko e Charles en ambas as clasificacións. Destaca a entrada de Miguel Román á terceira posición da clasificación de Fondo Norte Podcast e a inclusión no top 5 de Seoane.

Clasificación Afición

PosiciónXogadorPuntuación
1Rufo13
2Yelko 12
3Charles12
4Oier4
5Miguel Román3
6Romay2
6Brais Abelenda2
8Alberto Rubio1
8Álvaro Cortés1
8Javi Rey1
8Miguel Román1

Clasificación Fondo Norte

PosiciónXogadorPuntuación
1Rufo7
1Yelko Pino7
1Miguel Román7
4Charles6
4Seoane6
6Romay5
6Alberto Rubio5
6Javi Rey5
9Brais Abelenda3
10Alex González2
11Oier1

Foto: Rafa Vázquez, Faro de Vigo

Anterior

Rufo, Yelko y Charles siguen copando las primeras plazas de O GRANATE

Con Jaichenco y Figueroa para el partido contra el Adarve

Seguinte

Relacionado

Pasarón vivirá un nuevo lleno contra el Getafe en Copa del Rey

Pasarón vivirá otra jornada para la historia hoy en el partido de octavos de final de Copa del Rey ante el Getafe. La afición granate ... Read more

Jesús Cambil pasa por el quirófano y comienza su recuperación

Jesús Cambil ya ha pasado por el quirófano. El mediocentro granadino se operó ayer de su lesión de ligamento cruzado y ya comienza su largo ... Read more

Deja un comentario