fbpx

Rufo podería ser titular contra o Bergantiños

| | , ,

Nova semana de liga e como é habitual, o adestrador Anxo Rodríguez sentou na sala de prensa de Pasarón para responder as preguntas dos xornalistas achega do partido desta semana. O Bergantiños CF visitará Pasarón o domingo ás 17:00 horas. E virá nunha situación estraña, xa que a xornada pasada non puido disputar o seu encontro debido a atoparse con varios positivos por COVID nas súas liñas. Actualmente atópase, cun partido menos, na undécima posición con 25 puntos, a 3 do descenso a 3ª RFEF.

Na rolda de prensa Anxo Rodríguez foi preguntando pola recuperación de Diego Seoane. Para o adestrador, a volta de Seoane está preto pero case con seguridade que non o veremos este domingo no campo. E é que o de León prefire ser cauto con el e aínda que adestrou co equipo, cre que é mellor esperar para que non haxa ningún tipo de recaída. Tamén será baixa Samu Santos, que é baixa debido a estar a se recuperar aínda de contaxiarse por COVID.

Contraria á situación de Seoane é a súa opinión con respecto a Rufo. Se nas anteriores semanas dicía que había que ser paciente, parece que Rufo podería ser titular contra o Bergantiños. Preguntado pola súa volta, Anxo comentou que aínda que non está para xogar 90 minutos, si que ve ao dianteiro para ser titular: «Rufo é un xogador fundamental para nós e queremos que estea ben, e un xogador ponse ben cando xoga». Preguntado polo esquema se Rufo era finalmente titular, o adestrador afirmou que «segundo o rival tomaremos a decisión máis oportuna para o partido».

O campo segue sendo un dos temas que preocupan a Anxo. «O campo ten area pero vai saíndo. Está como ten que estar? Non. Pero dá igual como estea o campo, ao final temos que estar ben nós. Entendo que Pasarón ten que ser un campo que estea ben sempre porque é un campazo e adaptarémonos como estea. Nós adaptarémonos e se tivemos un bo resultado contra o Móstoles non sería escusa por como estea o campo».

Na rolda de prensa tamén se falou da derrota diante do Legánes B. O adestrador granate achácao a un mal día: «Entendo que hai momentos malos, pero cando varios xogadores están mal e eu tamén estou mal pois é mellor dar carpetazo e continuar. (…) Foi o primeiro partido no que non coñecín ao meu equipo (…). Levabamos unha dinámica moi boa e somos capaces de coller unha dinámica así de novo»

Como xoga o Bergantiños? Anxo teno ben estudado: «É un equipo que tenta ter. bo manexo do balón, que alternan diferentes sistemas. Están nun momento cómodo da tempada (…) Vai ser un equipo alegre, que ten bo trato do balón. Teñen mecanismos para sacar o balón xogado desde atrás. Espero un equipo atrevido.»

Anterior

Rufo podría ser titular ante el Bergantiños

Nuevo viaje gratuito para ir a Carballiño

Seguinte

Relacionado

Pasarón vivirá un nuevo lleno contra el Getafe en Copa del Rey

Pasarón vivirá otra jornada para la historia hoy en el partido de octavos de final de Copa del Rey ante el Getafe. La afición granate ... Read more

Jesús Cambil pasa por el quirófano y comienza su recuperación

Jesús Cambil ya ha pasado por el quirófano. El mediocentro granadino se operó ayer de su lesión de ligamento cruzado y ya comienza su largo ... Read more

Deja un comentario