Pontevedra e Unionistas empatan nun partido con pouco xogo (1-1)

| | ,

Non se van gañar todos os partidos, pero si que hai que saír a gañar todos. E iso foi o que non fixo o Pontevedra CF ante o Unionistas. Os de Jesús Ramos estrearon Pasarón cun xogo plano, sen ideas e aburrido a maior parte do tempo. So un penalti feito a Romay e convertido por Charles salvou aos granates de non levarse ningún punto no primeiro partido en Pasarón.

O Pontevedra saía ante Unionistas co mesmo once que tan boas sensacións dera na primeira xornada en Ferrol. Os protagonistas eran os mesmos pero o xogo mostrado foi totalmente diferente. Aínda que seguíamos a ter os mesmos xogadores no centro do campo, a combinación e a búsqueda das bandas que se viu ante o Racing desapareceu, deixando paso a un xogo tosco, con moitas imprecisións e sen ideas. Esta falta de ideas a aproveitou o Unionistas que, sen facer moito, sabía que tiña que entrar sempre pola banda de Aitor para poder facer algo de dano á zaga granate.

A tónica de entrar sempre pola banda dereita funcionou e fixo que os de Salamanca tiveran máis oportunidades na primeira parte. Tampouco foron moitas, pero si mais que o Pontevedra o cal, no minuto 33, sufriou unha nova internada pola banda que, despois do rexeite dun centro lle caeu o balón a Carmona e cun impresionante tiro de dereita batiu a Mario sin que este puidera facer nada.

A segunda parte chegou cun lixeiro cambio de actitude. Á falta de ideas desapareceu nos primeiros minutos e os granates comezaron a presionar en campo contrario, deixando desta maneira sen ideas a Unionistas e sen posibilidade de facer nada. Pero aínda que a presión era boa, o xogo e as ocasións non terminaban de aparecer. As liñas estaban moi separadas e os balóns non acababan de chegar a Rufo e Charles, os cales acababan baixando a medio campo para recibir algún balón e comezar a xogada. Tal era a falta de ideas e concentración, que co paso dos minutos Unionistas atopaba calquer segundo balón para causar problemas aos granates, tendo Mario que sacar nunha desas ocasións unha man providencial nunha xogada que non tiña que pasar do medio do campo. Pese a esto, el Pontevedra tuvo algún retazo de querer hacer algo mas, y tras un balón aislado, Romay finalizó a gol, un gol que fue anulado supuestamente por había ido de juego y no acabó subiendo al marcador.

Non foi ata que Unionistas comezou a botarse atrás pola falta de forzas que o Pontevedra comezou a chegar timidamente ao área salmantina. E foi nunha desas que Romay tirando de intelixencia, deixou que lle fixeran un penalti deses que se se pitaran todos habería vinte en cada encontro. Aínda así, o árbitro o pitou e Charles, como killer que é, o tirou á perfección e batiu ao meta unionista poñendo o empate no marcador.

Podemos decir que o partido rematou aí, xa que entre que Unionistas se conformaba co punto pola falta de folgos e o Pontevedra que nin cos cambios mellorou na xeración de xogo, pudieron crear novas situacións de perigo que cambiaran o marcador.

📸 @UnionistasCF

Anterior

Quen foi o mellor xogador do Pontevedra CF 1 – 1 Unionistas?

O Pontevedra voltará sortear as 300 entradas entre os socios que o pidan

Seguinnte

Deixa un comentario