O Pontevedra voltará sortear as 300 entradas entre os socios que o pidan

| | ,

A situación epidemiolóxica non é a mais propicia para os partidos en Pasarón. Esta semana os granates voltan xogar ante o Celta B en casa e a Xunta de Galicia segue sen autorizar mais de 300 espectadores en instalacións deportivas. Por iso, o club acaba de anunciar que se volverá a facer un sorteo das 300 localidades entre os abonados.

O sorteo farase, según a comunicación do club, este xoves 29 de outubro ante notario e terán preferencia os socios que non lle tocou entrada no anterior sorteo para o partido ante o Unionistas. Pero este sorteo ten un cambio importante: só entrarán a el os socios que o soliciten de maneira expresa. Para facelo, hai que enviar un correo a [email protected] ou chamar ás oficinas do club ao 986 86 47 83.

Anterior

Pontevedra e Unionistas empatan nun partido con pouco xogo (1-1)

Polémica no sorteo de entradas para o Celta B

Seguinnte

Deixa un comentario