Sorpresa no plantel granate. Á poboada enfermería de Pasarón váiselle a engadir un novo membro: Pablo Cacharrón ten unha lesión no menisco interno do xeonllo. Segundo puidemos saber, o porteiro do Pontevedra Club de Fútbol será operado hoxe mesmo do menisco, o que provocará unha baixa de máis dun mes do que foi o titular da portería granate a termporada pasada.
A Cacharrón non se lle viu practicamente nos partidos de pretemporada, polo que é de supoñer que a razón da súa ausencia nos partidos de preparación era esta lesión pola que agora entra en quirófano. Segundo a afectación do menisco, a recuperación pode variar entre menos dun mes ata, nos casos máis graves, dous ou tres meses, polo que parece que non imos ver a Pablo nas primeiras xornadas de Primeira Federación.
Con este infortunio resolveríanse as dúbidas da inclusión de Vizoso no primeiro equipo, e é que aínda que xa era practicamente seguro que o novo porteiro ía ser a terceira opción para Antonio, coa lesión de Cacharrón esta opción é case obrigatoria.
Actualización de parte médico
A última hora da tarde a entidade granate emitiu un comunicado co parte médico sobre a operación do porteiro. Segundo a nota, a doenza é no menisco da perna esquerda no cal xa tivera lesión anteriormente o porteiro: «se ha realizado tratamiento quirúrgico artroscópico en la rodilla izquierda al jugador Pablo Cacharrón en el hospital Quirón al presentar cuadros de dolor y sinovitis persistentes durante el desarrollo de actividad deportiva.» (..) «La intervención confirmó rotura actual del menisco interno. Se procedió a la resección de las zonas meniscales afectadas y retirada restos de sutura anterior. Menisco externo y ligamentos sin alteraciones. Dadas las intervenciones previas en la citada rodilla, el tiempo de recuperación es de difícil fijación, aunque la estabilidad del remanente meniscal indica que será razonablemente corto«
Foto. La Voz de Galicia