Como dicía a canción, o ritmo non para nas oficinas de Pasarón e ao anuncio da fichaxe de Imanol García, úneselle hoxe un novo nome: Óscar Fernández, extremo de 24 anos procedente do CD Don Benito.
O futbolista orixinario de cantabria únese á zaga dirixida por Jesús Ramos despois de xogar 6 partidos co CD Don Benito, equipo do Grupo IV da Segunda B. Óscar incorporouse ao equipo pacense no mercado de inverno, procedendo do Barakaldo onde xogou máis de 20 partidos e marcando un gol. A pesar dos seus 25 anos, Óscar ten un pasado futbolístico extenso, sendo parte de equipos con nome como o propio Barakaldo, o Fuenlabrada ou o Racing de Santander, co cal participou mesmo en Segunda División.
Óscar é un extremo que destaca pola súa velocidade e a súa desmarque e vén cubrir a posición que deixaría a marcha de Pedro Vázquez.