O Pontevedra non sabe aínda se poderá asistir público a Pasarón o vindeiro domingo 25 de outubro para o partido #ante o Unionistas. Á falta de aprobación do protocolo deseñado pola entidade granate, que a día de hoxe aínda non se aprobou, únese a nova situación epidemiolóxica de Galicia que pon en Fase 2 a toda a Comunidade Autónoma.
A falta da publicación da normativa no DOG, esta Fase 2 limita as reunións entre persoas non conviventes a 5 e, segundo declararon as autoridades, limitaría a asistencia en espazos deportivos abertos a 150 persoas. En principio, esta limitación sería aplicable unicamente aos recintos que non teñan un protocolo deseñado, polo que é aínda posible que o Pontevedra Club de Fútbol poida meter a máis espectadores este domingo en Pasarón.
Uns 2.400 espectadores en Pasarón
Segundo os últimos comentarios recolleitos por varios medios, a idea do Pontevedra Club de Fútbol sería poder ter unha asistencia máxima a Pasarón de 2.400 espectadores. Unha cifra que se aproxima bastante á asistencia media que tivo Pasarón na última tempada e permitiría asistir a todos os socios que renovaron, os cales serían uns 2.200, aínda que esta cifra non foi comunicada de maneira oficial polo club e só recollida polos medios de comunicación.
Cando saberemos se poderemos asistir a Pasarón este domingo? É previsible que despois da publicación das limitacións no DOG, a Consellería de Sanidade pronúnciese acerca da celebración de partidos en espazos abertos como Pasarón.