fbpx

O Pontevedra demostra ter Plan B dominando ao Salamanca CF (2-0)

| | ,

Dúas semanas non parecen ser moito tempo pero se dicimos que son sen ver ao Pontevedra CF, pois a cousa cambia. Despois de 15 días desde o último partido, por fin podiamos volver ver aos xogadores vestidos de granate e comprobar se as dúas semanas de parón serviran para cambiar algo. E vaia se serviron, Jesús Ramos tirou do seu caderno e, para dar na cara aos moitos que criticamos a súa falta de alternativas, presentou un once con varios cambios e unha maneira de xogar diferente ás que nos tiña afeitos.

A entrada no once inicial de Jorge e Borja Martínez sorprendeu a moitos. Aínda que había unha posibilidade de que debido a volver de lesión Romay non xogada, sentar a Oier despois de ser dos xogadores máis destacados nos últimos partidos parecía unha aposta arriscada. E vaia aposta saíulle a Ramos, que conseguiu que o equipo mostrase unha cara totalmente diferente á vista nos últimos partidos.

Como nos cansamos de ver na prensa visitante, o Salamanca CF viña con urxencias de xerar algún punto, algo sorprendente se miramos o orzamento e o que ten este equipo detrás. Pero despois de ver o partido que fixeron en Pasarón, moito van ter que cambiar se queren estar arriba. E é que o partido foi un auténtico monólogo granate, dominando en todo momento o xogo e deixando aos charros unicamente como meros espectadores dun partido no que só xeraron unha ocasión de perigo.

Na segunda o argumento foi practicamente o mesmo pero cun pequeno xiro: o Salamanca quedaría con 10 despois dunha derriba de DeLorenzi a Charles cando corría para encarar só á portería salmantina. Unha expulsión tan clara como di o regulamento e que, despois das múltiples faltas que fixo o conxunto visitante, moitos granates esperaban debido á dureza do seu xogo e as múltiples protestas de todo o persoal visitante. Se o partido xa era un monólogo antes, cun xogador máis isto acentuouse, tendo o Pontevedra en todo momento o balón, pero sen conseguir meter o esférico nas mallas rivais.

A ansiedade por marcar comezaba a aparecer e Jesús Ramos decidiu tirar de banco, metendo a Romay e a Oier por Aitor e Eneko nun primeiro momento. Os laterais fixeran un gran partido, pero necesitábase pólvora arriba e iso é o que se conseguiu con este dobre cambio. As ocasións convertéronse en moito máis claras: un remate de Charles a deixada de Rufo que parou o porteiro salmantino, un testarazo de Xisco picado que se atopou o porteiro e ata unha de Iñaki, que entrou nos últimos minutos, recortando na área e estrelando o seu balón no porteiro.

Dise que o fútbol é inxusto, pero este domingo os deuses do balonpié vestíronse de granate e no minuto 89, despois dun desmarque de Rufo, Barbero derrubou ao dianteiro madrileño e provocou que se pitase un penalti máis que claro. Penalti que lanzaría Charles de maneira perfecta, conseguindo abrir a lata que se resistiu neses momentos. Co marcador en contra, os salmantinos botáronse arriba para tentar conseguir polo menos 1 punto e nunha desas, Iñaki recuperou un balón que iniciou unha contra de libro do Pontevedra aos pés de Charles, que correu cal jabato e asistiulle a Rufo para que se plantase só diante de Barbeiro e conseguise o seu primeiro gol da tempada.

O árbitro pitou os final minutos despois, dando os 3 puntos a un Pontevedra que soubo cambiar o seu estilo de xogo para xogar contra un rival que horas despois aínda non sabe o que lle pasou por encima. Nunha semana toca visitar a capital de Galicia para enfrontarnos á SD Compostela.

Anterior

¿Quién fue el mejor jugador en el Pontevedra – Salamanca CF?

Charles, Rufo e Imanol escogidos como los mejores jugadores ante el Salamanca

Seguinnte

Deixa un comentario