O Pontevedra Club de Fútbol acaba de confirmar en rolda de prensa o primeiro caso de COVID-19 no plantel. Segundo contou a entidade granate, o positivo detectouse nos test que se fixeron nada mais voltar os xogadores de vacacións, o pasado 28 de decembro.
Ao parecer o xogador, cuxa identidade non se revelou por motivos de privacidade, veu contaxiado das vacacións e despois de dar o positivo, apartouse das actividades do equipo inmediatamente, tal e como marcan os procedementos marcados pola RFEF. Debido a este positivo, toda a plantilla tivo que someterse a novas probas PCR, dando negativo todos os xogadores e técnicos.
O xogador está en cuarentena e, segundo as declaracións de Jesús Ramos, remata este venres a mesma, polo que ese día se lle fará novas probas e se todo vai ben, incorporarase á disciplina granate de maneira inmediata.