Un pouco a contrapé facemos o resumo dos votos do Trofeo O GRANATE 20/21 onde os siareiros e siareiras granates escollen ao mellor xogador de cada partido da liga regular. Segundo as normas, os tres primeiros votados lévanse 3, 2 e 1 punto resprectivamente. Na derrota ante o Coruxo FC, a votación dos visitantes de PontevedraCF.Net escolleeron a Álex González, Martin Diz e Rufo como os mellores xogadores. Podes ver os resultados neste artigo
Desta maneira, Álex lévase 3 puntos, Martin Diz 2 puntos e Rufo 1 punto, quedando a clasificación desta maneira 👇
Clasificación O GRANATE 20/21 afección
| Xogador | Puntos |
|---|---|
| Rufo | 11 (+1) |
| Mario | 8 (+0) |
| Charles | 5 (+0) |
| Oier | 5 (+0) |
| Álex González | 4 (+3) |
| Imanol | 4 (+0) |
| Santi Figueroa | 3 (+0) |
| Martín Diz | 2 (+0) |
| Jorge | 2 (+0) |
| Adrián Cruz | 2 (+0) |
| Eneko | 2 (+0) |
| Churre | 1 (+0) |
| Romay | 1 (+0) |
| Xisco | 1 (+0) |
Os membros de Fondo Norte Podcast tamén teñen a súa votación e nesta ocasión, no último episodio en directo escolleron a Rufo, Martín Diz e Óscar como os mellores xogadores ante o Coruxo, polo que así queda a clasificación:
Clasificación O GRANATE 20/21 Fondo Norte Podcast
| Xogador | Puntos |
|---|---|
| Rufo | 13 (+3) |
| Zabaleta | 7 (+0) |
| Mario | 6 (+0) |
| Adrián Cruz | 4 (+0) |
| Santi Figueroa | 3 (+0) |
| Oier | 3 (+0) |
| Charles | 3 (+0) |
| Martín Diz | 2 (+2) |
| Jorge | 2 (+0) |
| Imanol | 2 (+0) |
| Xisco | 2 (+0) |
| Óscar | 1 (+1) |
| Alex González | 1 (+0) |
| Aitor | 1 (+0) |