fbpx

O Manresa recibe ilusionado a un Pontevedra que quere recuperar o voo

| |

Cara e cruz nos ánimos no enfrontamento entre o CE Manresa e o Pontevedra CF correspondente á primeira eliminatoria da Copa do Rey. O equipo catalán afronta a eliminatoria coa maior das ilusións, realizando unha campaña de márketing coa frase «I si passem?» («E se pasamos?») e mesmo lanzando camisetas conmemorativas da Copa tanto para afeccionados como para o equipo, que vestirá un equipamento totalmente diferente á habitual este domingo. Incluso o propio concello da localidade implicouse ao máximo coa eliminatoria, dando todas as facilidades ao club que espera meter máis de 2.000 persoas no Nou Stadi Congost poñendo as entradas para o público a 10€.

O CE Manresa é un clube centenario que milita na Segunda RFEF. Recén ascendido a esta categoría, está agora mesmo na cuarta posición do Grupo 3 con cinco partidos ganados e ven de empatar ante o Hércules de Ángel Rodríguez.

Na cruz está o Pontevedra CF, cuxos ánimos non son os máis adecuados para afrontar unha eliminatoria de Copa do Rey #ante un rival, a priori, inferior. Os granates recuperan a Álex González para este partido e non ten, polo momento, ningunha baixa nin por sanción nin por lesión. Aínda que sería de esperar que Antonio dese minutos aos menos habituais nesta eliminatoria, o técnico tamén podería optar por tomar esta eliminatoria como unha semana máis de competición e seguir cos once habituais para non perder o ritmo e a intensidade, tan necesaria nos últimos partidos.

En canto ao institucional, tamén hai unha gran cruz nesta eliminatoria pola parte granate. Ao xogarse fóra de Pontevedra, a entidade non deu máis importancia a este partido que a dun máis na tempada, algo que contrasta con todo o que se organizou desde Manresa.

El partido de la primera eliminatoria de la Copa del Rey se celebrará el próximo domingo 13 de noviembre a las 12:00 horas. No se podrá seguir por ninguna televisión ni plataforma de vídeo.

Anterior

El Manresa recibe ilusionado a un Pontevedra que quiere recuperar el vuelo

Anulan la expulsión del Inter de Madrid en Primera RFEF

Seguinte

Deja un comentario