Toni Otero comentou nunha das súas últimas declaracións que o período de fichaxes para o Pontevedra CF iría lento pero seguro. Hoxe anunciouse unha nova fichaxe que cumpre unha desas características, a seguridade: o mediocentro Mario Ortiz será novo xogador do Pontevedra CF para a tempada 2022-23.
O xogador cántabro ten 33 anos e vén procedente do Hércules. Fomado na canteira do Rácing de Santander, Ortiz chegou a xogar en Primeira División, para logo pasar por equipos como o Castelló, Albacete ou Cultural Leonesa. É un xogador con moita experiencia e dos que se pode caracterizar como «mediocampista total», un complemento perfecto para o mediocentro granate e o estilo de xogo de Antonio Fernández.
A tempada pasada Mario Ortiz militou no Hércules, onde non foi titular e xogou unicamente 656 minutos durante 8 partidos, 6 como titular.