Din que se desexas moito algo, pódese cumprir pero parece que ese non será o caso de Kevin Presa e o Pontevedra Club de Fútbol. Segundo puido saber PontevedraCF.Net, os camiños do equipo granate e o mediocentro separáronse unha vez máis xa que a semana pasada Kevin formalizou a súa fichaxe por un equipo que está a xogar agora mesmo o play off a Segunda División. Por motivos de respecto deportivo, a fichaxe non se anunciará ata terminada a fase de ascenso, pero pódese dicir que o club é do Grupo III da Segunda B.
A volta de Kevin Presa era algo que moitos granates levaban pedindo desde que terminou a tempada. A súa experiencia errada no UCAM de Murcia, fixo que recaese no Haro Deportivo, onde non tivo oportunidade de demostrar a súa valía e causaba baixa hai poucos días, momento o que o club rioxano agradecíalle nun chío no perfil de Twitter ser parte do clube
Tweet n°1 para recordarlles a @KevinPresa e a @lupemurillosoli que o mellor é que falen, se poñan de acordo e que os camiños se volvan a unir.
— Eu Son (@tintobarrantes_) June 3, 2020
Houbo posibilidades de que Kevin volvese ao Pontevedra? Si. Segundo puidemos saber, houbo contactos entre o xogador e o club pero nunca se concretou nada e en ningún momento houbo unha oferta en firme por parte do Pontevedra CF. E é que o Pontevedra está a ser moi coidadoso á hora de confeccionar o persoal da tempada que vén, unha tempada de transición da que aínda non se sabe nada: nin cando empezará nin cúal será o seu formato final.