Jorge Fernández ficha polo Zamora CF

| |

Unha vez máis, témonos que decatar por outros medios alleos ao club das novidades de confección do persoal. Jorge Fernández non vestirá a tempada que vén de granate, senón que levará o vermello do Zamora CF en 1ª RFEF.

Así o anunciou hoxe o propio club zamorano e sendo confirmado tamén polo propio xogador no seu perfil de Twitter. No momento de escribir estas liñas, nin o Pontevedra CF SAD nin o propio xogador dixeron nada da súa marcha do club granate. E é que como é tónica habitual, desde as oficinas de Pasarón non é habitual despedir aos xogadores que deixan o persoal, reservando estas despedidas para casos especiais como David Castro ou Edu Sousa.

Jorge Fernández chegou a Pontevedra sendo un xogador que prometía gran potencial pero en ningún momento chegou a despegar. Xogou 21 partidos, sendo titular en 12 ocasións e marcando unicamente 2 goles en toda a tempada, un contra a SD Compostela na fase regular e outro contra o Oviedo Vetusta na fase de descenso.

Anterior

Jorge Fernández ficha por el Zamora CF

Imanol cambia el Pontevedra por el Alcoyano

Seguinte

Leave a Comment