Javi Rey cambia o Pontevedra poloAvilés

| | , ,

Sorpresa nas filas granates. Mentres as renovacións estaban a consumarse nos últimos días, hoxe coñecemos a marcha de Javi Rey do Pontevedra CF para pasar a vestir a camiseta do Real Avilés en Segunda RFEF.

O anuncio colleu por sorpresa a todos os siareiros por dúas razóns: Javi Rey tiña, supostamente, contrato en vigor polo que parecía que se contaba con el e foi o Real Avilés nas súas redes sociais o que anunciou a fichaxe do canteirán granate. E é que o Pontevedra CF SAD non realizou a tal hora ningún comunicado acerca da baixa do mediocentro, ao contrario que fixo coa marcha de Romay, á que si lle dedicou unhas palabras.

Javi Rey fichou a pasada tempada para ser o dono do mediocentro granate, pero debido a unha lesión a comezo de tempada e o despegamento de Miguel Román non tivo a confianza de Anxo Rodríguez para ser titular. Acabou xogando 1081 minutos ao longo de 31 partidos, marcando un gol contra o Coruxo FC.

Anterior

Oier Calvillo renueva por una temporada con el Pontevedra CF

Samu Araújo é a cuarta renovación do Pontevedra CF

Seguinte

Deixa un comentario