fbpx

Goles para a defensa férrea compostelá

| | , ,

Nunha tempada hai momentos nos que toca cambiar de aires. O Pontevedra fíxoo a semana pasada modificando a súa estrutura táctica para gañar #ante o Salamanca CF e este sábado volve tocar cambiar, modificando o día de partido polo sábado diante dun equipo tan clásico nos últimos anos como é a SD Compostela.

Os granates visitan o Vero Boquete como favoritos, non só polo nome, senón por ser os actuais líderes do subgrupo e demostrar, a base de goles e xogo, ser un dos equipos máis rendibles e eficientes do Grupo I. Pero o equipo de Santiago non queda atrás, xa que aínda sendo un recentemente ascendido demostrou saber a que se xoga na Segunda B plantando cara a equipos moito máis experimentados como o Racing de Ferrol, contra o que empatou, ou o Deportivo, co que tamén quedaron en táboas. Todos estes resultados positivos foron na súa casa, onde están imbatidos esta tempada xa que non recibiron ningún gol nos encontros xogados no verde de San Lázaro.

Jesús Ramos conta, en principio, con todos os efectivos á súa disposición. Con Romay xa plenamente recuperado, unicamente está a pequena dúbida de se Adrián Cruz está e afeito á súa «máscara de gladiador» e pode xogar de inicio. Segundo declarou a PontevedraViva Jesús Ramos, os granates esperan a un Compostela estudado nas virtudes do Pontevedra, coñecendo como anular o xogo e sabendo contrarrestalo. A pesar disto, Ramos declarou que ten «outras armas» para contrarrestar o xogo que poida expor o Compostela na súa casa. En canto ao once inicial, é posible que Ramos repita o visto diante do Salamanca, con Jorge e Borja Martínez no once inicial, aínda que hai unha gran probabilidade de que Oier volva ao once para aproveitar a súa velocidade e verticalidad #ante un rival que sabe combinar e está moi ben plantado en defensa.

A SD Compostela chega ao encontro coa única baixa de Hugo, xogador que aínda non se recuperou da lesión que o tivo apartado nos últimos partidos. Yago Iglesias, adestrador da SD Compostela, destacou na previa que «o Compostela vai ter que facer moitas cousas ben para conseguir algo diante do Pontevedra» e que non van renunciar ao seu estilo equipo porque «a súa idea é seguir sendo ou mesmo equipo sempre». Iglesias tamén destacou a visita do Pontevedra: «para nós é moi bonito recibir a un equipo e a un gran club como o Pontevedra»

En canto ao encontro, debido ás restricións pola pandemia só poderán asistir 150 espectadores no Vero Boquete, os cales se sortearon o pasado día 24 ante notario.

📸 SD Compostela

Anterior

Goles para la defensa férrea compostelana

Vota polo mellor xogador no SD Compostela – Pontevedra CF

Seguinte

Relacionado

Brais Abelenda vuelve y ficha por el Pontevedra CF

La frase bíblica del regreso del hijo pródigo se aplica hoy a la actualidad del Pontevedra Club de Fútbol. Brais Abelenda vuelve y ficha por ... Read more

Sonriamos porque ocurrió

Ayer terminó el sueño del Pontevedra CF de la Copa del Rey. Y lo hizo con la cabeza bien alta, siendo fiel a su estilo, ... Read more

Deja un comentario