O Pontevedra non descarta a renovación de Álvaro Bustos

| |

Un dos culebróns granates do verán é, sen dúbida, a continuidade de Álvaro Bustos como xogador do Pontevedra Cf. O xogador asturiano é un dos máis queridos pola afección e un dos xogadores máis cotizados no mercado da categoría de bronce ao estar na actualidade sen contrato con ningún equipo.

Despois da volta á actividade do club, hoxe podemos confirmar que o Pontevedra CF non descarta a reincorporación de Álvaro Bustos á disciplina granate. E é que desde as oficinas de Pasarón emitiuse hoxe mércores un comunicado no que se sinalaban as altas e baixas para esta tempada e Álvaro non estaba en ningunha desas listas.

Ademais, segundo puidemos saber, Álvaro ten desde hai unhas semanas unha oferta de renovación pola parte granate, pero o xogador estaría a sopesar tamén outras ofertas, tanto de clubs da Segunda B como de divisións superiores e de fóra de España.

Anterior

Edu Sousa non continúa no Pontevedra CF

Imanol García, nova incorporación para o mediocampo do Pontevedra

Seguinnte

Deixa un comentario