Os peores augurios da afición cumplíronse: Edu Sousa non continuará sendo xogador do Pontevedra Club de Fútbol. Os rumores levaban no aire semanas, pero ata o día de hoxe non se confirmou por parte do clube que o capitán non formará parte da Plantilla 2020-21 do Pontevedra Club de Fútbol.
O porteiro realizou tamén un comunicado oficial despedíndose de todo o clube e dando un agradecemento especial á afección dándolle, segundo as súas palabras, «MUCHAS GRACIAS por vuestro apoyo incondicional desde el primer día hasta el último. Tanto a mi como a mi familia nos habéis dado tanto que no olvidaremos. Desde hoy tenéis 4 siareirxs granates más».
Edu Sousa chegou na tempada 2012-13, procedente do Fabril, manténdose durante 8 tempadas sendo o titular da portería e xogando un total de 211 partidos defendendo a camisola granate. Dende PontevedraCF.Net so lle podemos decir GRAZAS CAPITÁN e moita sorte alá onde vaias.
Foto: Xurxo GG, Haiqueroelo.es