O Pontevedra CF comeza mañá a súa pretemporada e farao con varias novidades. Ás xa coñecidas de Antonio Fernández como novo adestrador e Bastos como a primeira incorporación, engádenselle as baixas de dous xogadores que estiveron o ano pasado no primeiro persoal: Pachecho e Samu Santos.
O Pontevedra CF enviou hoxe a todos os medios unha nota de prensa enumerando os xogadores que participarían mañá no primeiro adestramento en Pasarón. Neste adestramento, que será ás 10:00 e de portas abertas a todo granate que queira ir a Pasarón, estarán xogadores xa confirmados do primeiro persoal e tamén das categorías inferiores, pero nesta lista non se atopan nin Pacheco nin Samu Santos, dous xogadores con contrato en vigor dos que non se notificou nada.
Esta non inclusión significaría que o Pontevedra CF non conta con eles para o primeiro equipo, pero nos últimos días circularía o rumor de que o canteirán podería baixar ao filial e estar ás ordes de Jesús Ramos, polo que a desaparición do seu nome na lista cobraría todo o sentido. Do ex do Choco, non se sabe nada e espérase que nos próximos días sáibase o seu futuro.