O Pontevedra gaña 2-3 ao Celta B no seu amigable en Barreiro

| |

Despois de que se cancelase o amigable ante a SD Compostela debido a un positivo por COVID19 dun familiar dun futbolista compostelán, o Pontevedra afrontaba este sábado un novo amigable para preparar a tempada 2020-2021. Nesta ocasión o rival era o Celta B, outro rival directo cuxo rendemento sempre é, como coa maioría dos filiais, unha incógnita ao longo da tempada. E pese ao pouco rodaxe dos equipos, ou quizais debido a iso, viuse en Barreiro un partido con moitos goles, caendo a vitoria cara ao Pontevedra cun resultado de 2-3, conseguindo Charles e Rufo por partida dobre os goles granates.

Neste segundo amigable da tempada, Jesús Ramos escollía un once inicial que pode ser moi similar ao que vexamos na tempada regular. on Mario na portería, Santi, Xisco, Pol e Eneko na defensa, Óscar, Romay, Adrián Cruz e Alex no medio e Charles e Rufo na dianteira.

O partido non comezou ben para os granates, encaixando cedo un gol celeste por parte de Iker Losada, pero Charles, como fichaxe estrela da tempada que é, puxo solución e marcou o seu primeiro gol granate desta tempada no minuto 12. Case sen poder reaccionar o filial celtista, o noso pichichi decidiu que o empate non lle gustaba e no minuto 14, Rufo conseguiu adiantar ao Pontevedra poñendo o 1-2 no marcador, resultado co que o partido se iría ao descanso.

A segunda parte veu con varios cambios por parte dos dous adestradores. Un dos máis destacados foi a entrada de Álvaro Cortés por Mario, sendo leste o protagonista da segunda parte ao parar un penalti que puxese o empate o marcador. Máis tarde, Rufo volvería impoñerse co seu olfacto goleador, marcando o seu segundo gol e subindo o terceiro ao electrónico no minuto 59. Minutos máis tarde, o celeste Alfon marcaría para deixar o resultado final de 2-3 no marcador de Barreiro.

Jesús Ramos: “muy contento con el ritmo y con lo trabajado esta semana”

Nas declaracións recollidas polo clube, Jesús Ramos destacou do equipo que “estuvo, sobre todo en fase presionante, muy bien”. O adestrador falou tamén da capacidade de sair ao contragolpe: “fuimos capaces de apretar en campo contrario muy bien, una vez iniciado el contragolpe fuimos capaz de finalizar también bien, de ahí vienen 2 de los 3 goles”, e tamén comentou a continuidade do equipo “Jugadores como Charles, como Rufo o como Eneko ya fueron capaces de jugar 60 minutos.” Finalmente, o adestrador rematou con comentarios positivos sobre o partido: “muy contento por el ritmo y con lo trabajado esta semana que fueron las transiciones, que salieron en el terreno de juego”

Con esta vitoria o Pontevedra consegue a súa segunda vitoria consecutiva na pretemporada. Polo momento, non se anunciou ningún amigable máis, pero nos próximos días teremos seguramente noticias do novo día do enfrontamento ante a SD Compostela e, case con total seguridade, un par de enfrontamentos máis ante equipos galegos.

📸 @RCCelta

Anterior

Suspendido o amigable coa SD Compostela por un positivo en COVID

O Pontevedra chama aos seus socios para coñecer a súa asistencia ao estadio

Seguinnte

Deixa un comentario