Suspendido o amigable coa SD Compostela por un positivo en COVID

| | ,

A pretemporada do Pontevedra non para de ter altibaixos. Se a imposibilidade de enfrontarse a clubs non profesionais xa era un pequeno problema, hoxe presentóuselle a suspensión do partido amigable #ante a SD Compostela debido ao positivo por COVID19 dun familiar dun xogador compostelán.

O partido estaba programado para xogarse hoxe mércores no Estadio Vero Boquete de San Lázaro en Santiago de Compostela, pero debido a este positivo, os dous clubs decidiron que por precaución é mellor suspender o partido e programalo para máis adiante. Así o comunicaba o club local a través da súa conta de Twitter:

Segundo a entidade compostelá, o partido podería celebrarse perfectamente xa que se cumpren todas as condicións, pero por precaución os departamentos médicos de ambos os clubs decidiron suspender o partido. E é que segundo a SD, ” O futbolista permanece illado no seu domicilio dende que o seu familiar presentou os primeiros síntomas, o xoves da semana pasada.”

Seguinte parada: Barreiro

Coa suspensión deste partido, os plans de pretemporada da entidade granate trastórnanse lixeiramente pero seguen adiante: este mesmo sábado está planeado un enfrontamento diante do Celta B no Campo de Barreiro. Coa hora aínda por confirmar, espérase que sexa ás 12 da mañá, os granates poñeranse a proba contra un dos equipos chamados a estar na parte alta do subgrupo galego do Grupo I da Segunda B.

Anterior

O Pontevedra gaña 0-1 ao Coruxo no seu primeiro partido de pretempada

O Pontevedra gaña 2-3 ao Celta B no seu amigable en Barreiro

Seguinnte

Deixa un comentario