O Pontevedra acorda entradas a 15€ con varios clubs do grupo

| | , ,

O Grupo 1 de Primeira RFEF onde vai competir o Pontevedra CF na tempada 2022/2023 é un dos que ten máis distancia entre os seus membros. E é que entre os rivais do Pontevedra CF atópanse equipos tan afastados como o Linense, o Córdoba ou a AD Ceuta FC. A pesar disto, a Marea Granate vai ter facilidades nalgunhas das súas visitas, xa que 14 clubs decidiron fixar en 15€ as entradas para os afeccións visitantes cando se enfronten entre eles.

Segundo o xornalista Rafa Mainez, os 14 equipos que chegaron a este acordo son o Linares Deportivo, a RB Linense, o Raio Majadahonda, DUX Internacional, Real Unión de Irún, VDE Sanse, RC Deportivo da Coruña, AD Ceuta, Córdoba CF, Pontevedra CF, San Fernando CDI, CyD Leonesa, Unionistas de Salamanca e AD Mérida. Destes 13 equipos, 12 pertencen ao grupo do Pontevedra, polo que se algún siareiro quere ver aos granates fose de casa, poderao facer por ese prezo fixo.

A pesar de que a lista non está pechada, sorprenden ausencias como o Celta de Vigo ou o Racing Club de Ferrol. É probable que máis equipos apúntense a este acordo beneficioso para todas as afeccións.

Anterior

Santi Figueroa marcha ao Arousa SC

O Pontevedra non conta con Pacheco e Samu Santos

Seguinte

Deixa un comentario