Despois do estrepitoso fracaso no partido contra o Racing, todos os ollos estaban postos na lesión de Rufo. O xogador madrileño marchouse do terreo de xogo con claras dores no seu ombreiro esquerdo e todos os sinais presaxiaban o peor: unha rotura de clavícula que o tivese apartado máis de 2 meses do terreo de xogo.
Segundo puidemos saber dende PontevedraCF.Net, despois da exploración realizada no día de onte mediante radiografía, descártase rotura algunha na zona do ombreiro. O prognóstico final da lesión saberase no día de hoxe, xa que o dianteiro someterase a unha resonancia que indicará o alcance da lesión.
De todas maneiras, o dianteiro é baixa segura para o partido ante o Unionistas, onde Jesús Ramos terá que elexir se poñer a Charles como dianteiro único ou mirar ao banquiño e optar polos canteiráns que están a súa disposición.
1 comentario en «Descártase rotura na lesión de Rufo»