fbpx

Derik Osede non terá ficha co primeiro equipo

| |

Despois dun mes a proba e pouco máis dun partido xogado, Derik Osede non xogará co Pontevedra Club de Fútbol en Primeira RFEF, polo menos polo momento. Segundo conta no día de hoxe o Diario de Pontevedra na súa edición impresa, o club considerou que non é o perfil de xogador necesario para a defensa granate e non o fichará para xogar a tempada que comeza este domingo contra a AD Alcorcón.

O xogador madrileño viño a Pontevedra un 22 de xullo para comezar un período de proba co equipo. E é que despois de case un ano sen xogar, os técnicos tiñan dúbidas sobre a viabilidade de telo nunha categoría como a Primeira RFEF, á que se presume que vai ser moi esixente fisicamente. Despois da fichaxe de Luís Martínez, o club limitouse a informar que Derik seguía adestrando, pero parece que os prazos non se cumpriron e finalmente non estará nesta primeira parte da tempada. O que non se confirmou é se o xogador quedará en Pontevedra adestrando ou volverá a Madrid, de onde é natural.

Foto: PontevedraViva

Anterior

La TVG anuncia la retransmisión del Pontevedra – Alcorcón

A TVG anuncia a retransmisión do Pontevedra – Alcorcón

Seguinte

Deja un comentario