fbpx

Con Rufo e sen Xisco para volver ao camiño da vitoria

| | , , , ,

O Pontevedra ten hoxe una das sete finais que quedan ata final de tempada. Sen marxe de manobra e cun Jesús Ramos máis que cuestionado, a pesar de que a directiva ha verbalizado a súa confianza nel, os granates viaxan a Vigo para enfrontarse a un Celta B que marcha sexto na clasificación, cun punto máis que o granates pero cun partido menos debido ás suspensións por diversos contagios de COVID-19.

Na convocatoria dos granates a principal novidade é Rufo, que despois de lesionarse no ombreiro diante do Racing de Ferrol, podería xogar uns minutos tal e como comentamos aquí en PontevedraCF.Net. Aínda que os afeccionados granates esperan ver de novo a dupla de Charles e Rufo na dianteira, o xogador madrileño non sairá case con total seguridade de titular, deixando posiblemente o seu sitio a Martín Diz ou a un cambio táctico desde o banco.

No apartado de baixas, Jesús Ramos tampouco poderá contar con Xisco por estar sancionado debido á vermella directa mostrada no último partido e os xa sabidos lesionados Adrián Cruz e Romay. A Vigo tamén viaxará Óscar Fernández, a pesar de que os últimos rumores apuntaron a que podería saír neste mercado de inverno debido á falta de confianza que ten o adestrador nel.

Con respecto aos celestes, Onésimo Sánchez ten a todo o seu persoal a disposición salvo Alberto Solís, que é baixa por lesión. Na parte negativa tamén está que o equipo filial da cidade olívica estivo dúas semanas sen adestrar debido ao seu propio brote de COVID-19, polo que o físico pódelles xogar unha mala pasada.

O Pontevedra disputará hoxe esta primeira final ás 16:00 horas no Campo de Barreiro, esperando repetir o resultado da primeira volta, que levaron os granates por 2-1 cun partido intenso e entretido.

Anterior

Mario, Imanol e Jorge escollidos como mellores xogadores ante Unionistas

Quen foi o mellor xogador no empate ante o Celta B

Seguinnte

Deixa un comentario