Brais Abelenda e Javi Rey viaxan a Luanco

| | , , ,

Sen demasiadas novidades na convocatoria do Pontevedra CF para viaxar a Asturias a enfrontarse o domingo ao Marino de Luanco. As dúbidas de Brais Abelenda e Javi Rey despexáronse no momento que se comunicou a lista de convocados, estando ambos os xogadores na lista de convocados para viaxar ao Principado. Vendo a lista de convocados volve confirmar unha semana máis que Anxo non confía en Figueroa nin en Pablo López.

Na rolda de prensa previa á comunicación da lista de convocados, o adestrador Ángel Rodríguez realizaba varios comentarios sobre as lesións de Abelenda e Rey: “Con calquera xogador que teña problemas musculares hai que ter tranquilidade. É moito mellor para o equipo que descansen e se cadra dándolle un par de semanas é mellor para o equipo”, polo que é posible que polo menos un dos dous non sexa titular este domingo.

Á pregunta se Miguel Román pode substituír a Javi Rey di que “Miguel pode cumprir perfectamente. Creo que os minutos que xogou fíxoo moi ben. Eu tomei a decisión de comezar con Javi. Ao meu dáme absoluta tranquilidade. Se ten que xogar Miguel vai facer ben. Pódese contar con el”

Preguntado polo Marino de Luanco, o adestrador comentou “é un equipo que no seu campo é moi complicado, pasa moitos minutos nos que parece que non pasa nada pero ten eses arreones porque ten xogadores que estiveron en categorías superiores e teñen moi bo nivel. (…) É un campo complicado, é un campo pequeno. Pero nós temos tanta necesidade que non debemos preocuparnos polo rival nin polo campo. Debemos ser un equipo moito máis implicado nas tarefas defensivas e que estea sempre o máis preto da área”.

Ángel tamén foi preguntado sobre os erros defensivos en pasados partidos e se haberá algún cambio no once inicial. Como sempre, o adestrador granate non quixo desvelar con quen sairá o domingo e comentou que ten claro como van xogar e que sabe que cambios vai haber esta fin de semana: “o normal cando hai fallos é que haxa cambios e xa veremos esta fin de semana”.

A lista de convocados para xogar contra o Marino de Luanco é a seguinte: Álvaro Cortés, Samu Araújo, Churre, Miguel Román, Javi Rey, Álex González, Brais Abelenda, Rufo, Romay, Oier, Pablo Cacharrón, Alberto Rubio, Martín Diz, David Soto, Charles, Yelko Pino, Samu Santos e Seoane.

Anterior

Escoge a los mejores ante el CD Arenteiro

Charles se pone líder en el Trofeo O GRANATE 21/22

Seguinte

Deixa un comentario