Así es la nueva campaña de socios del Pontevedra CF 2020/2021

| |

O Pontevedra por fin anunciou un dos temas máis esperados da nova tempada, con permiso do novo equipamento. A nova campaña de abonados presentouse hoxe xoves en Pasarón con importantes novidades debido á situación actual co COVID19, tanto a nivel de prezos como de organización á hora de sacar o abono. En palabras de Lupe Murillo, a idea é “que todos os socios entren en Pasarón”, baseándose no protocolo deseñado polo propio club e aprobado, segundo a propia presidenta, pola Xunta de Galicia.

Na presentación da campaña, que ten por lema “Es parte de ti”, a presidenta comentou a importancia dos ingresos económicos por parte dos socios debido ao especial da tempada. Segundo Lupe Murillo “os recursos van ser limitados” e que ” nos esforzamos máis que nunca para xerar ilusión”. Con respecto aos novos abonos, a presidenta tamén declarou: “Tenemos un gran equipo que enseñar a nuestra afición pero tenemos un pequeño espacio, es el momento de estar cerca todos y de estar todos unidos. Pasarón va a ser un espacio seguro con un aforo limitado por exigencias sanitarias, tan limitado que de momento sólo se va a abrir la campaña de abonados durante los próximos 10 días para nuestros socios”

Prezos lixeiramente superiores

En cuestión de prezos, os abonos son similares aos da tempada pasada a pesar de ter moitas menos xornadas. E dicimos similares porque hai pequenas subidas no prezo novo dos Fondos e, se contamos que hai menos xornadas, a nivel total no resto de bancadas. Como novidade, este ano os novos abonados pagan máis que as renovacións, algo que non se fixo nunca ata o de agora no Pontevedra Club de Fútbol.

O público adulto pagará 200€ en Tribuna, 150 en Preferencia e 100 nos Fondos. Os abonos bonificados (desempregados/ as, persoas con discapacidade ou xubilados/ as) custarán 150, 100 e 80€ en cada bancada e a categoría nova (7 a 17 anos) 50, 45 e 40€ respectivamente. O prezo do carné baby seguirá custando 10€, permitindo ter número aos nenos/ as de 0 a 6 anos pero sen dereito a entrar aos partidos.

Este ano tamén se engadiu un novo tipo de abono: “Corazón Granate“, dispoñible só para maiores de 65 anos e destinado só para as persoas que non vaian ir ao campo.

Calendario de renovacións, asentos preasignados y novos socios

Debido ás condicións da pandemia, o club asignará os asentos a cada abonado, podendo ser cambiados de bancada e para a renovación, haberá que ir segundo un calendario asignado segundo o número de abonado que teñamos. O calendario de renovación pódese consultar nesta ligazón, comezando de maneira presencial mañá 9 de outubro cos primeiros números de abonado, aínda que desde o club aseguraron que tamén se poderá facer online na web do club. Segundo confirmáronnos desde o club, no momento que vaias renovar o teu abono tamén podes renovar o de alguén máis aínda que non sexa a súa quenda.

Debido á limitación de aforo, os novos socios deberán facer a prerreserva a través do correo [email protected], sendo o prezo do seu abono a 245, 180 e 120 euros segundo bancada para o público adulto e 80, 60 e 50 euros para o mozo.

Anterior

O Pontevedra 1-2 Depor na prensa

La Señora Lola es todo lo que el Pontevedra debería ser

Seguinnte

Deixa un comentario