fbpx

Así é o novo corpo técnico do Pontevedra Cf

| | ,

O Pontevedra CF comezou a pretemporada cun novo corpo técnico. Despois da non renovación de Ángel Rodríguez e a súa marcha ao Hércules levándose con el ao preparador físico e a fichaxe de Luismi polas categorías inferiores do Celta, debían aparecer algunhas caras novas no equipo técnico neste inicio de pretemporada. Estes son os integrantes do corpo técnico do Pontevedra CF para a tempada 2022/2023.

Como xa é sabido, Antonio Fernández será o que leve a batuta como primeiro adestrador granate. Sergio Moreira volverá ser o segundo adestrador tal e como o foi a tempada con Ángel Rodríguez, Moncho repite como adestrador de porteiros (e seguramente como delegado do equipo) e Borja Ríos sera o fisioterapeuta. Como novidade está a figura do preparador físico: Daniel Vilas será o encargado de velar pola forma dos xogadores granates despois de fichar desde o Vilalonga FC, equipo no que ía á ser tamén preparador físico esta tempada.

Aos catro homes de Antonio poderíaselle unir nos próximos días, segundo palabras do director deportivo, un analista e un recuperador. Estes dous postos poderían recaer unicamente nunha persoa e, segundo parece, sería alguén da confianza de Antonio Fernández.

O que non se fixo público aínda é quen formará parte do equipo médico do primeiro equipo. Os rumores din que, debido ás esixencias de asistencia a adestramentos e desprazamentos da división, José Manuel Barragáns deixaría de ser o médico do primeiro equipo, para buscar unha figura que poida dedicarse en exclusiva, ou en parte, ao persoal do Pontevedra Cf.

Anterior

Así es el nuevo cuerpo técnico del Pontevedra CF

Así es la campaña de abonados 2022/2023 del Pontevedra CF

Seguinte

Deja un comentario