Non hai dous sen tres nin catro sen cinco. A todas as renovacións que vivimos estes días engadíuselle unha nova: Alberto Rubio seguirá xogando para o Pontevedra CF SAD esta tempada. Así o anunciou no día de hoxe a entidade a través das súas redes sociais.
Esta nova renovación únese ás xa coñecidas de Araújo, Oier Calvillo, Álex González e Yelko Piñeiro. Con esta noticia confíase na nova tempada no bloque do ano pasado. E é que practicamente todos os renovados, salvo o caso de Oier, foron titulares durante a maior parte da tempada. Cúmprese desta maneira a máxima que anunciou Toni Otero na súa rolda de prensa de comezos de mes: está a apostarse pola continuidade do equipo que ascendeu a Primeira RFEF.
En canto á vez que Rubio seguirá vestindo de granate, o Pontevedra CF SAD non especificou se renovou por unha tempada ou por algunha máis adicional.