A TVG anuncia a retransmisión do Pontevedra – Alcorcón

| | ,

A Televisión de Galicia xa anuncia na súa páxina web a retransmisión do Pontevedra CF contra a AD Alcorcón. Sen aínda confirmación oficial pola RFEF sobre o provedor que retransmitirá este ano a Primeira División, a televisión autonómica adiantouse e confirmou que vai retransmitir este partido xunto ao RC Deportivo – DUX, o cal está no aire debido á situación extraordinaria do club madrileño.

Actualización: o partido desapareceu da páxina de directos da TVG, pero a captura foi feita no momento de publicación da noticia

De confirmarse esta retransmisión, cumpriríase o rumor que circulou nos últimos días: a Primeira RFEF retransmitiríase de maneira conxunta entre televisións autonómicas e Footters. E é que, segundo o rumor aparecido en redes sociais, existiría un acordo conxunto entre a TVG, TV3, PTV Córdoba e Footters que permitiría á autonómica emitir dous partidos en aberto onde algún galego xogase, complementándoo coa subscrición á plataforma Footters que emitiría tamén dous partidos. Este rumor tamén incluía a teórica creación dunha plataforma de pago por visión propia da RFEF, pero é un proxecto tan complexo que é posible que, de ser certo, non o vexamos nas primeiras semanas da competición.

Estaremos atentos ás noticias oficiais, pero todo parece indicar que a maior parte de Primeira RFEF verase en Galicia e en aberto.

Anterior

Derik Osede non terá ficha co primeiro equipo

El Pontevedra CF ficha a Jon Bakero

Seguinte

Leave a Comment